Queimaduras químicas

1 comentarios comentarios

Queimaduras químicas

As queimaduras químicas clasifícanse segundo as características do axente causante e segundo o mecanismo da lesión tisular. A diferenza das queimaduras térmicas, o dano tisular non cesa ata que os tecidos ou o tratamento médico neutralizan o produto, por tanto, a estimación do
grao de profundidade da queimadura é difícil e varía en función do tempo pasado desde a exposición ao produto.

QUEIMADURAS QUÍMICAS

A maioría das queimaduras químicas son pouco extensas pero profundas.

A intensidade dunha queimadura química vai depender de:

  • Concentración do axente químico

  • Cantidade de produto que provoca a queimadura

  • Tempo de exposición ou contacto coa pel

  • Penetración tisular

  • Mecanismo de acción ou toxicidade do axente químico

As queimaduras químicas clasifícanse segundo as características do axente causante e segundo o mecanismo da lesión tisular. A diferenza das queimaduras térmicas, o dano tisular non cesa ata que os tecidos ou o tratamento médico neutralizan o produto, por tanto, a estimación do grao de profundidade da queimadura é difícil e varía en función do tempo pasado desde a exposición ao produto. 

Os principais tipos de axentes químicos son:

  • ÁCIDOS  son substancias doantes de protones, liberan iones de hidróxeno e poden diminuír o pH desde 7 ata 0. Os ácidos cun pH menor de 2 causan necrosis por coagulación ao contacto coa pel. As queimaduras por ácidos son máis frecuentes e menos graves que as queimaduras por bases

  • BASES  son substancias aceptoras de protones, poden variar o pH desde 7 ata 14. Aquelas con pH superior a 11,5 producen dano grave ao causar necrosis por licuefacción.

  • SOLUCIÓNS ORGÁNICAS  actúan disolvendo a membrana lipídica das células e alterando a estrutura proteica celular

  • SOLUCIÓNS INORGÁNICAS  danan a pel por contacto directo e formación de sales. Tamén producen exotermia, o que contribúe ao dano tisular

Os principais mecanismos de acción das  substancias químicas son:

OXIDACIÓN  prodúcese a desnaturalización proteica mediante a inserción na molécula proteica de iones osíxeno, sulfuro ou substancias haloxenadas (acedo crómico, lixivias, permanganato)

  • REDUCIÓN  a redución das ligazóns amino conduce á desnaturalización proteica (derivados mercuriales, acedos clorhídrico e nítrico)

  • CORROSIÓN  causan a desnaturalización proteica directa e masiva (cementos, hidróxido de sodio)

  • VELENOS CELULARES ou PROTOPLÁSMICOS  producen formación de ésteres a partir dos ácidos graxos das membranas celulares, ou ben interferen nos mecanismos de homeostasis celular (acedos oxálico e fluorhídrico)

  • DESHIDRATANTES  substancias que extraen auga dos tecidos afectados (acedo sulfúrico)

  • VESICANTES ou FORMADORES DE FLICTENAS (cantáridas, mostazas nitrogenadas etc.)/ etc.)

Comentarios:
  • avatar Augusto Edding dixo:
    luns, 7 de decembro 2020 ás 18:33
    La soda cáustica es un producto extremadamente básico, por tanto para neutralizarlo se debe usar un producto ácido. Para solucionar la picazón que esta produce inicialmente y si es algo leve se puede neutralizar con vinagre. De cualquier modo es mejor concurrir a un centro médico.
Publica o teu comentario
  • Contido bloqueado porque non se aceptaron as cookies de reCAPTCHA.
    Aceptar cookies de reCAPTCHA ou xestionar as cookies aquí
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde