No
marco das actividades formativas do Programa
Úlceras Fóra,
o pasado 18 de setembro de 2026 realizouse unha visita
á Unidade
de Medicina Hiperbárica do Hospital Naval de Ferrol,
dirixida ao grupo de profesionais referentes
en feridas
das distintas áreas sanitarias de Galicia.
Participou
na visita a Subdirectora xeral de Integración Asistencial e
Innovación, Alicia Piñeiro, acompañada por profesionais do Servizo
de Integración Asistencial e Innovación, equipo responsable da
coordinación do Programa Úlceras Fóra, así como por un numeroso
grupo de referentes en feridas procedentes de todas as áreas
sanitarias de Galicia.