Profesionais

  • Imaxe contido

    Hixiene postural para coidadores e profesionais no manexo de persoas inmobilizadas

    Este vídeo foi elaborado conxuntamente entre a Dirección Xeral de Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.


     O seu obxectivo é amosar as posturas e movementos axeitados de cara a previr transtornos musculoesqueléticos derivados do manexo de persoas  que requiren apoio na mobilización. 

     Mostra as actuacións a seguir Aurora Vizoso García, enfermeira asistencial da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Referente en feridas do Programa Úlceras Fóra.

    As imaxes foron grabadas no hospital da Mariña (Burela), Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. 

     

  • Imaxe contido

    Manual abreviado de coidados e prevención de lesións relacionadas coa dependencia

    Consulta este manual abreviado que contén as principais pautas na prevención de lesións relacionadas coa dependencia e que está pensado como unha ferramenta de axuda para coidadoras e coidadores de persoas en situación de dependencia.



    Autoras:
    Mónica Rodríguez Castaño
    Mª Ángeles Mera Cores
    Ana Isabel Calvo Pérez

    Revisor
    Luis Arantón Areosa.

    Enfermeiras/o Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde

     Deseño: Andrea  Rodríguez Vázquez
     Ilustracións: Camilo López Rey

  • Imaxe contido

    Xornada Úlceras Fóra 2023: "Impulsando a excelencia nos coidados das feridas"

    ​ A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria ven de organizar unha Xornada formativa enmarcada nas actividades do Programa Úlceras Fóra na que participaron ao redor de 300 profesionais do Servizo Galego de Saúde.

      Moitas grazas a todas e todos os participantes e relatores!!!!

     Continuaremos traballando no Úlceras Fóra!!!
    ​​
  • Imaxe contido

    Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     

  • Imaxe contido

    Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

    O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
     
    Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

    Síguenos en directo ou en diferido 
    dende o canal de You tube de ACIS!!!!
     
    Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!! 
     
  • Imaxe contido

    Catálogo de produtos para cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde

    Neste apartado ponse á disposición de tódolos profesionais o Catálogo de produtos sanitarios destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido, con destino a tódalas Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde publicado no 2022.


    ​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​ Fai clic nas imaxes e poderás ampliar a información de cada un dos produtos!
1 de 4
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde