As queimaduras químicas clasifícanse segundo as características do axente causante e segundo o mecanismo da lesión tisular. A diferenza das queimaduras térmicas, o dano tisular non cesa ata que os tecidos ou o tratamento médico neutralizan o produto, por tanto, a estimación do
grao de profundidade da queimadura é difícil e varía en función do tempo pasado desde a exposición ao produto.
QUEIMADURAS QUÍMICAS
A
maioría das queimaduras químicas son pouco extensas pero
profundas.
A
intensidade dunha queimadura química vai depender de:
Concentración
do axente químico
Cantidade
de produto que provoca a queimadura
Tempo
de exposición ou contacto coa pel
Penetración
tisular
Mecanismo
de acción ou toxicidade do axente químico
As
queimaduras químicas clasifícanse segundo as características do
axente causante e segundo o mecanismo da lesión tisular. A diferenza
das queimaduras térmicas, o dano tisular non cesa
ata que os tecidos ou o tratamento médico neutralizan o
produto, por tanto, a estimación do grao de profundidade da
queimadura é difícil e varía en función do tempo pasado desde
a exposición ao produto.
Os
principais tipos de axentes químicos
son:
ÁCIDOS
son substancias doantes de protones, liberan iones de hidróxeno
e poden diminuír o pH desde 7 ata 0. Os ácidos cun pH
menor de 2 causan necrosis por coagulación ao contacto coa pel.
As queimaduras por ácidos son máis frecuentes e menos graves que
as queimaduras por bases
BASES
son substancias aceptoras de protones,
poden variar o pH desde 7 ata 14. Aquelas con pH
superior a 11,5 producen dano grave ao causar necrosis por licuefacción.
SOLUCIÓNS
ORGÁNICAS actúan disolvendo
a membrana lipídica das células e alterando a estrutura
proteica celular
SOLUCIÓNS
INORGÁNICAS danan a pel por contacto
directo e formación de sales. Tamén producen exotermia,
o que contribúe ao dano tisular
Os
principais mecanismos de acción das
substancias químicas son:
OXIDACIÓN
prodúcese a desnaturalización
proteica mediante a inserción na molécula proteica de iones
osíxeno, sulfuro ou substancias haloxenadas (acedo crómico, lixivias,
permanganato)
REDUCIÓN
a redución das ligazóns
amino conduce á desnaturalización proteica (derivados
mercuriales, acedos clorhídrico e nítrico)
CORROSIÓN
causan a desnaturalización proteica directa e masiva
(cementos, hidróxido de sodio)
VELENOS
CELULARES ou PROTOPLÁSMICOS producen formación de ésteres a partir dos ácidos graxos das
membranas celulares, ou ben interferen nos mecanismos de homeostasis
celular (acedos oxálico e fluorhídrico)
DESHIDRATANTES
substancias que extraen auga dos tecidos afectados (acedo
sulfúrico)
VESICANTES ou FORMADORES DE FLICTENAS
(cantáridas, mostazas nitrogenadas etc.)/ etc.)