A maioría da bibliografía existente sobre este tema trata esencialmente da prevención nos nenos, por ser extremadamente sensibles á inxuria térmica. É por iso importante ensinar á poboación en xeral a identificar os factores de risco e propoñerlles unhas normas para seguir para evitalos, mediante campañas educativas encamiñadas a evitar os factores de risco que producen as queimaduras:substancias sólidas e líquidas quentes, a electricidade, as chamas e as substancias corrosivas.
DIRECTRICES XERAIS DE PREVENCIÓN
As
queimaduras son prevenibles, e por tanto evitables.
Os
países con rendas altas lograron avances considerables na
tarefa de reducir as taxas de mortes por queimaduras combinando
estratexias preventivas cunha mellor atención das persoas
afectadas. A maioría destes avances en materia de prevención e
atención non se aplicou en forma completa nos países con rendas
baixa e media. Se se intensificasen os esforzos nese
sentido, reduciríanse significativamente as taxas de mortes e de incapacidade
relacionadas coas queimaduras.
Mediante
as estratexias de prevención deberían abordarse os perigos
relacionados coas lesións por queimaduras, a educación para a
poboación vulnerable e a capacitación da comunidade en primeiros
auxilios.
Un
plan eficaz de prevención das queimaduras debería ser
multicultural e incluír amplas iniciativas orientadas a: (86-88)
Xerar
maior conciencia
Elaborar
políticas eficaces e esixir o seu cumprimento
Describir
a carga que representa o problema e identificar os factores de risco.
Establecer
prioridades de investigación e promover as intervencións
prometedoras
Ofrecer
programas de prevención de queimaduras
Fortalecer
a atención de queimaduras
Fortalecer
as capacidades para levar a cabo todo o anterior
A
maioría da bibliografía existente sobre este tema trata
esencialmente da prevención nos nenos, por ser extremadamente
sensibles á inxuria térmica.40
É por iso importante ensinar á
poboación en xeral a identificar os factores de risco e
propoñerlles unhas normas para seguir para evitalos, mediante campañas
educativas.
As
principais normas xerais de prevención
fan referencia a:
(86-88)
Non
fumar dentro do fogar e moito menos na cama
Non
sobrecargar as tomas de corrente
Non
utilizar fogos artificiais ou similares
Manter
fósforos, chisqueiros, químicos e ver acendidas lonxe dos nenos
Colocar
protectores de enchufes
As
alarmas de incendio en casa son recomendables
Colocar
a televisión e equipos de música contra a parede
Colocar
pantallas diante das chemineas
No
baño:
Os
termostatos de auga permiten axustar a temperatura. Temperaturas
de 54º poden escaldar a un neno en 2-3 segundos.
Ao
encher a bañeira empezar e acabar con auga fría.
Introducir
o cóbado (o adulto), para probar a temperatura.
Desenchufar
todos os aparellos eléctricos que non se estean usando
Na
cociña:
Non
permitir que o neno utilice o andador na cociña
Non
consumir bebidas quentes se se ten un neno no colo
Non
ter o neno en brazos mentres se cociña
Non
quentar os biberóns no microondas
Manter
os mangos de tixolas e asas das potas lonxe do acceso aos
nenos.
As
comidas e bebidas quentes estarán fóra do alcance dos
nenos
Os
Adultos:
As
queimaduras dos adultos están asociadas aos perigos
inherentes á sociedade moderna. As persoas teñen os mesmos
riscos, pero aumentados pola perda de reflexos asociados á
idade.
A
prevención debe asociarse ao reforzo das normas de seguridade.
Aplicar
as normas de seguridade ao deseño e aos materiais das
vivendas, e fomentar as inspeccións de fogares.
Mellorar
o deseño das cociñas, sobre todo en relación coa
estabilidade e a prevención do acceso dos nenos.
Promover
o uso de cociñas máis seguras e combustibles menos perigosos e
brindar información sobre o uso de pezas que poden prenderse
lume.
Reducir
a temperatura nas billas de auga quente.
Promover
a educación sobre seguridade contra incendio e o uso de detectores
de fume, rociadores e saídas de emerxencia nas
vivendas.
No
fogar é onde ocorre a maioría dos accidentes, polo que
é importante a revisión da instalación do gas, da
electricidade, os aparellos eléctricos e almacenamento de líquidos
inflamables e corrosivos.
No
adulto despois do fogar, é o traballo o seguinte escenario
onde se producen estes accidentes. Débese seguir e reforzar as
normas de seguridade laboral.
Promover
a adopción de normas de seguridade industrial e o seu cumprimento, e
o uso de teas ignífugas para a roupa de durmir dos nenos.
Por último,
durante o lecer tamén se producen accidentes: escapes
das motos, parrilladas, queimaduras solares etc. Aquí deben
prevalecer algunhas das normas vistas con anterioridade e sobre todo
moito sentido común.
Promover
leis que ordenen a produción de cigarros deseñados para
reducir o risco de incendio.
Mellorar
o tratamento da epilepsia, especialmente nos países en desenvolvemento..
Promover
o maior desenvolvemento de sistemas de atención de queimaduras,
incluíndo a capacitación de provedores de atención da saúde
na adecuada clasificación e manexo de persoas con queimaduras.