Os
factores que determinan a lesión son a intensidade da calor, a
duración da exposición e a condutancia do tecido.
Na
primeira fase despois da queimadura, o fenómeno predominante é
proinflamatorio e coñécese como síndrome de resposta inflamatoria
sistémica. O elemento central desta fase son os macrófagos, así
como a citocina TNF-alfa e a interleucina 6 (IL-6).
A
segunda fase despois da queimadura é predominantemente
antiinflamatoria. Depende fundamentalmente dos linfocitos T e de tres
mediadores principais, as citocinas IL-4, IL-10 e TGF.
As
queimaduras graves producen unha resposta que afecta a todos os
sistemas. A inflamación, o hipermetabolismo, o dano muscular e a
resistencia á insulina son as características da resposta
fisiopatolóxica do organismo á queimadura, con cambios no
metabolismo que poden permanece anos despois do dano.
Fisiopatoloxicamente,
existen fases na reanimación do paciente queimado:
A
primeira fase sería a de reanimación propiamente dita, cunha
duración de 24 a 72 horas. Este período caracterízase por un
aumento da permeabilidade vascular, que produce depleción do volume
intravascular e formación de edema. O obxectivo da reanimación
nesta fase sería restaurar e preservar a perfusión tisular para
evitar a isquemia que produce a hipovolemia e o shock celular.
A reanimación é a clave nesta fase, principalmente mediante a
reposición de líquidos.
A
segunda fase ocorre despois das primeiras 24-72 horas. Prodúcese
unha fase hiperdinámica e hipermetabólica. Caracterízase por unha
diminución da permeabilidade vascular, aumento do traballo cardíaco
e diminución da resistencia vascular periférica. Nesta fase,
aumenta o fluxo sanguíneo ás zonas queimadas. Ademais, o traballo
metabólico aumenta ata tres veces por riba do normal.
A
queimadura produce os seguintes danos
fisiopatolóxicos:
6.1.1.
LESIÓN CUTÁNEA
A
queimadura produce inflamación, que se manifesta en forma de calor,
rubor, dor, impotencia funcional e edema. Prodúcese un aumento da
permeabilidade vascular e vasodilatación.
6.1.2.
ALTERACIÓNS HEMODINÁMICAS
A
queimadura produce unha perda da integridade cutánea, que á súa
vez produce a perda da integridade capilar, o que provoca a
extravasación de líquido desde o compartimento intravascular cara
ao intersticio, coa consecuente formación de edema.
Pero
o grande edema producido polas queimaduras non só se debe á perda
da integridade capilar, senón tamén a outros factores:
Alteración
da integridade da microcirculación:
consecuencia da extravasación de líquido desde o plasma ao
intersticio e tamén de proteínas. Normalmente, a formación de
edema nunha queimadura pequena alcanza o seu nivel máximo entre 8 e
12 horas despois da lesión, no caso de queimaduras grandes ocorre
máis tarde, entre as 18 e 24 horas, porque a hipovolemia sistémica
atrasa a extravasación de líquidos.
Alteración
da membrana celular.
Aumento
da presión osmótica no tecido queimado:
principalmente debido á extravasación de sodio desde o
compartimento plasmático, que xera hiponatremia.
Inestabilidade
hemodinámica: produce unha notable
e precoz redución do volume plasmático e un aumento da resistencia
vascular periférica cun gasto cardíaco diminuído.
6.1.3.
ALTERACIÓNS METABÓLICAS
As
queimaduras producen unha serie de alteracións hormonais no
organismo que producen un aumento significativo do gasto metabólico
e dos requirimentos nutricionais.
6.1.4.
ALTERACIÓNS RESPIRATORIAS
A
primeira causa de morte nos primeiros días despois da queimadura é
a insuficiencia respiratoria. Todos os niveis do tracto respiratorio
(larinxe, traquea, bronquios e parénquima pulmonar) poden verse
afectados polos efectos da constrición e o edema provocado polo fume
ou pola queimadura directa.
A
intoxicación por fume é a principal causa de morbimortalidade
durante un incendio.
A
combustión de materiais de uso frecuente na construción e no ámbito
doméstico (produtos sintéticos como poliuretano, acrílico, nailon,
plásticos... e produtos naturais como a seda, a la, o algodón, a
madeira...) en condicións de alta temperatura e falta de osíxeno
provoca unha mestura de gases tóxicos, principalmente monóxido de
carbono (CO) e ácido cianhídrico (HCN).
O
fume inhalado pode causar irritación local no tracto respiratorio,
hipoxia
tisular
debido ao consumo de osíxeno pola propia combustión e toxicidade
sistémica
debida ao CO e ao HCN con maior frecuencia.
Nos
países desenvolvidos, a causa máis frecuente de intoxicación por
cianuro é a inhalación de fume en incendios.
6.1.5.
ALTERACIÓNS RENAIS
As
queimaduras producen hipoperfusión renal, sendo a principal causa de
insuficiencia renal aguda (IRA) no/a paciente queimado/a. A IRA é de
tipo prerrenal nas primeiras horas ou días (por déficit de fluxo) e
de tipo renal na segunda semana (normalmente por sepse,
nefrotoxicidade, etc.).
6.1.6.
ALTERACIÓNS HEMATOLÓXICAS
Prodúcese
alteración da serie branca (leucocitose con neutrofilia) e das
plaquetas (trombocitopenia e trombocitose).
6.1.7.
ALTERACIÓNS INMUNOLÓXICAS
A
infección segue a ser a principal causa de morte despois dos
primeiros días post-queimadura. Débese a tres mecanismos: a
alteración da barreira mecánica do corpo humano (pel e mucosas), a
perda de proteínas e a alteración dos sistemas de defensa do
organismo (humoral e celular).
6.1.8.
ALTERACIÓNS MUSCULARES
O
dano muscular ocorre por dúas razóns, a queimadura por si mesma, e
por ser o gran queimado un paciente crítico.
Nun/nunha
paciente queimado/a, o músculo é o primeiro lugar onde o corpo
capta a glicosa, polo que xoga un papel importante na regulación do
metabolismo.
Ademais,
o músculo funciona como unha fonte endóxena de aminoácidos,
proporcionando
gasolina para manter as funcións vitais.
Por
outra banda, prodúcese unha perda de masa muscular asociada ao/á
paciente crítico/a, que o/a doente queimado/a tamén vai sufrir.
6.1.9.
ALTERACIÓNS NEUROLÓXICAS
Prodúcese
hipoxia celular, que aumenta a presión intracraneal e a formación
de edema cerebral. Poden aparecer axitación, confusión, ataxia,
perda de coñecemento, convulsións, posturas anormais... Ademais,
poden aparecer alteracións neurolóxicas periféricas provocadas por
queimaduras dos nervios cutáneos, en forma de anestesia/hipoestesia,
dor crónica... A polineuropatía do/a doente crítico/a é moi pouco
frecuente.
6.1.10.
ALTERACIÓNS GASTROINTESTINAIS
O/a
paciente queimado/a pode presentar hipertensión intraabdominal e
secundariamente síndrome compartimental abdominal como secuela do
dano sistémico. Ocorre naqueles/las pacientes con máis do 60 % de
SCQ. Descoñécese se estas síndromes son iatroxénicas (exceso ou
defecto de líquido na reanimación) ou se son secuelas inevitables
do dano primario.