Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde pon en marcha un ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
 
Este novo ciclo está composto por unha serie de charlas divulgativas que ao longo de todo o ano 2021 buscan dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas.
 
Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

Síguenos en directo dende o canal de You tube de ACIS, fai click na imaxe!!!!
 
Conéctate connosco as 4 e media da tarde nos martes webinarios!!!!!! 
 

   

Cronograma webinarios

"Programa Úlceras Fóra”

DATA 02/02/21 23/02/21 09/03/21 30/03/21 20/04/21
TÍTULO Abordaxe de feridas con biofilm: Diferenciación de biofilm bacteriano Curas en tempos de Covid Desbridamento activo nas feridas crónicas Antimicrobianos: Indicacións e uso de prata nas feridas crónicas Abordaxe das feridas: materiais de cura en ambiente húmedo
RELATOR Consuelo Fernández Marcuello Carmen Vidal Portela Camilo Raña Lama Pedro Seco Bouso Consuelo Fernández Marcuello
Enfermeira Unidade de Feridas Enfermeira Atención Primaria Enfermeiro Unidade de Feridas Enfermeiro Atención Primaria Enfermeira Unidade de Feridas
ÁREA SANITARIA Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Vigo A Coruña e Cee A Coruña e Cee Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

 
 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio