Escala de clasificación Wagner-Merrit (Pé Diabético)

Escala de clasificación Wagner-Merrit (Pé Diabético)

Para clasificar as úlceras do pé diabético utilízase a escala de Wagner-Merrit, que constitúe a base para o plan de tratamento. Segundo o grao en que se atope daranos información sobre a gravidade, profundidade, infección e gangrena.

Conforme as lesións son de grao superior, aumenta a posibilidade de sufrir unha amputación maior e aumenta, así mesmo, a mortalidade asociada. As principais limitacións desta escala serían: 
• Os graos 4 e 5 non son unha fase avanzada dos 1, 2 e 3.
 • Non diferencia se hai ou non isquemia nos graos 1, 2 e 3, fundamental para coñecer o prognóstico.
• Non especifica se hai infección asociada e en que grao3 . 

​Escala pé diabéticoEscala WAGNER-MERRIT  PÉ DIABÉTICO.JPG

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde