CRITERIOS E DIRECTRICES XERAIS DE PREVENCIÓN
Prevención preoperatoria
• Ducha preoperatoria: recoméndase realizar unha ducha polo menos a noite anterior á cirurxía (recomendación A). Non existe evidencia científica que demostre que é mellor o lavado con clorhexidina, fronte á ducha con xabón.
• Rasurado da peluxe: en caso de precisalo, recoméndase rasurado da zona cirúrxica, aínda que as microabrasións que provoca, poden favorecer o crecemento microbiano. O uso de máquina eléctrica con cabezal dun só uso respecto ao uso de afeitado con coitela mellora a taxa de ISQ (recomendación A).
• Preparación mecánica do intestino: non se recomenda a preparación do intestino como medida para evitar ISQ9 (recomendación A).
• Hixiene xeral de mans: o lavado de mans antes e despois do contacto co paciente é unha medida con beneficios indiscutibles. A hixiene das mans debe realizarse con auga e xabón Como lavarse as mans.JPG. Se non están visiblemente sucias, pódese utilizar un xel de base alcohólica (recomendación B), Como desinfectar as mans.JPG.
• Profilaxe antibiótica: débese seguir a política antibiótica establecida en cada centro sanitario (recomendación D), exponse a continuación unha táboa orientativa da profilaxe recomendada para a prevención da infección do sitio cirúrxicoProfilaxis antibiotica.pdf
Prevención durante a cirurxía
• Limpeza cirúrxica das mans: é preciso descontaminar as mans, co fin de minimizar a flora microbiana presente na pel (recomendación A). Para a eliminación dos microorganismos residentes nos folículos pilosos ou gretas da pel, é preciso a utilización de cepillado cirúrxico con solucións antisépticas, polo menos tres minutos de duración Recomendacións para antisepsia cirúrxica de mans.pdf
• Uso de roupa de quirófano dun só uso ou reutilizable: a utilización de roupa cirúrxica ten como obxectivo a prevención da transmisión de microorganismos do equipo cirúrxico cara ao sitio cirúrxico, así como protexer ao profesional da exposición a sangue e fluídos (recomendación B).
• Preparación antiséptica da pel: recoméndase o uso de clorhexidina alcohólica ao 2% para a preparación antiséptica da pel intacta (recomendación B).
Preparación do campo cirúrxico con clorhexidina alcohólica ao 2 % tinguida, en paciente con neoplasia ulcerada de mama
. Osixenación perioperatoria: recoméndase a administración de altas concentracións deosíxeno(recomendación B).
• Irrigación da ferida cirúrxica: a irrigación subcutánea da ferida cirúrxica durante a operación con povidona iodada ou con soro salino a presión demostrou diminución da ISQ (recomendación A).
Prevención postoperatoria
• Cambio de vendaxe: recoméndase a realización de vendaxe aséptica aínda que non se dispón de evidencia estatisticamente significativa, que demostre que a técnica de vendaxe aséptica é máis útil que a realización doutras vendaxes (recomendación D)
• Limpeza postoperatoria: o uso de auga potable é eficaz na limpeza de feridas agudas e máis barato que outras solucións limpadoras (recomendación A). Cando a técnica empregada é a cura tradicional, recoméndase o lavado da ferida cirúrxica con soro salino estéril nas primeiras 48 horas (recomendación D).