Diagnóstico das LESCAH

Diagnóstico das LESCAH

É primordial a adecuada valoración da pel exposta a humidade e / ou a irritantes cutáneos,polo que ten que ser un dos obxectivos de prioritarios para lograr a detección e o tratamiento precoz deste tipo de lesións e evitar a súa evolución a estadios clínicos máis complexos.

​  Escalas de Valoración del Riesgo de Lesión por Humedad

 Existen varias escalas o instrumentos para poder hacer una correcta valoración del riesgo de lesión asociado a la humedad y en consecuencia poder adoptar las medidas necesarias para planificar y llevar a cabo el tratamiento más adecuado:
Escala Visual do Eritema (EVE): deseñada por Fader a partir da escala da dermatite de contacto de Quinn. Consiste nunha escala numérica de 0 a 4, que determina ata cinco graos colorimétricos de valoración do eritema.
Escala Iconográfica da Dermatite do Cueiro por Humidade (DPH): deseñada por Palomar, a partir da escala EVE. Consiste nunha escala visual que valora a cor do eritema e o grao de afectación da pel. Esta escala clasifica a severidade da lesión por humidade en 6 tipos.
Escala de Medida da Lesión Perineal (PAT, Perineal Assessment Tool): desenvolvida orixinalmente por Nix, e adaptada polo GNEAUPP. É unha escala que consta de 4 ítems ou factores que valoran o risco de lesión cutánea por incontinencia na zona perineal.
Escala Gradual da Dermatite Perineal (Perineal Dermatitis Grading Scale): creada por Brown e Sears. É unha escala de 4 ítems que valoran o alcance e a severidade da dermatite asociada a incontinencia (DAI), e os cambios neses factores como consecuencia das intervencións de enfermería.
 Escala da Dermatite Asociada  a Incontinencia (IAD, Incontinence Associated Dermatitis Skin Condition Assessment Tool): desenvolvida por Kennedy e Lutz. Consta de tres ítems que avalían o grao de deterioración da pel debido á dermatite asociada a incontinencia.
Escala de Severidade de Lesións Cutáneas por Incontinencia (ESLCI): desenvolvida por Rueda J et al. É unha escala de 0 a 12 puntos (0= pel intacta sa, 12=pel danada gravemente), obtendo o sumatorio das puntuacións a través da avaliación de catro subapartados con valores entre 0 e 3 puntos.

 

Subescala de Humidade da Escala de Braden: A Escala de Braden é unha escala validada que se utiliza para a predición de risco de úlceras por presión; inclúe seis subescalas, das cales, unha está referida á humidade como factor de risco. Esta subescala consta de 4 ítems que valoran o nivel de exposición da pel á humidade

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde