Últimas publicacións

  • Imaxe contido

    Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia

     Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.


     O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.  

    Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es  como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación. 

    Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara. 

    Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa

    Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
    Ilustracións : Camilo Rey
     
    ​

  • Imaxe contido

    Ciclo "Webinarios Úlceras Fóra"

    O Programa Úlceras Fóra, do Servizo Galego de Saúde comparte con todas e todos vós o ciclo de seminarios virtuais sobre diferentes procedementos de actuación na prevención e coidados das feridas.
     
    Este ciclo busca dar apoio a todos os profesionais involucrados nos coidados das feridas. Todas as charlas están impartidas por Referentes en feridas do Sergas, un equipo integrado por enfermeiras/os e médicas/os, todos eles profesionais con grande experiencia na materia.

    Síguenos en directo ou en diferido 
    dende o canal de You tube de ACIS!!!!
     
    Conéctate connosco as 4 e media nas tardes webinarias!!!!!! 
     
  • Imaxe contido

    Catálogo de produtos para cura en ambiente húmido do Servizo Galego de Saúde

    Neste apartado ponse á disposición de tódolos profesionais o Catálogo de produtos sanitarios destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido, con destino a tódalas Áreas Sanitarias do Servizo Galego de Saúde publicado no 2022.


    ​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​ Fai clic nas imaxes e poderás ampliar a información de cada un dos produtos!
  • Imaxe contido

    XVII Congreso Nacional de Enfermería Dermatolóxica, Dermatocosmética e Feridas, e 1º Simposio Iberoamericano de Coidados da Pel


     A Asociación Nacional de Enfermería Dermatolóxica e Investigación da Deterioración da Integridade Cutánea (ANEDIDIC) celebra o XVII Congreso Nacional de Enfermería Dermatolóxica, Dermatocosmética e Feridas, e 1º Simposio Iberoamericano de Coidados da Pel, en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de maio de 2024.

     esta actividade ten como obxectivo afondar no coidado da pel, como camiño da saúde, e coa imaxe do seu cartel, preténdese evocar, como o órgano máis extenso do noso corpo (a pel), convértese nun espazo que alberga a nosa ciencia e coñecemento, a cal, dalgún modo, marca os límites do fin do camiño para a saúde tendo como meta Santiago de Compostela.

     Achégate ao congreso nesta ligazón: https://congresoanedidic2024.com/ 

  • Imaxe contido

    Páxinas web

    Nos seguintes enlaces poderás atopar unha grande cantidade de información sobre feridas  publicadas por grupos de profesionais de diferentes disciplinas.
3 de 8
Elementos por páxina
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde