Este manual publicado polo Servizo Galego de Saúde está enmarcado dentro das accións do Programa Úlceras Fóra.
O Manual de coidados e prevención de lesións cutáneas relacionadas coa dependencia pretende ser unha ferramenta de axuda para todas aquelas persoas que día a día afrontan a tarefa de coidar a unha persoa en situación de dependencia.
Neste senso desde o Programa ÚLceras Fóra consideramos as/os coidadoras/es como o piar fundamental no coidado xeral das persoas dependente e mais concretamente na prevención todas as lesións cutáneas relacionadas con esta situación.
Este manual está baseado na actual evidencia científica en coidados recollida polo grupo de autoras e estará en continua actualización si a evidencia así o indicara.
Foi elaborado por un grupo de Referentes en feridas do Servizo Galego de Saúde. Sendo as autoras Mónica Rodríguez Castañe, Mª Ángeles Mera Cores e Ana Isabel Calvo Pérez e o revisor de contidos Luis Arantón Areosa
Diseño gráfico : Andrea Rodríguez
Ilustracións : Camilo Rey