Definición ferida traumática de partes brandas.G8

Definición ferida traumática de partes brandas.G8

Definición
O termo “traumatismo” comprende todas aquelas lesións dos tecidos ou dun órgano producidas por unha acción violenta externa ao organismo, xa sexa de natureza mecánica, química, nuclear, térmica ou eléctrica.
 
A ferida traumática defínese como a lesión ocasionada por un axente traumático externo, cuxa violencia pode dar lugar a laceracións, feridas incisas, punzantes, contusas e abrasións, con ou sen fracturas.
 
Defínese como lesión ou ferida traumática de partes brandas a solución de continuidade da pel ou mucosas producida por un axente externo que vence a resistencia dos tecidos sobre os que actúa, podendo producirse afectación do tecido celular subcutáneo, a aponeurose e os músculos ou outros tecidos adxacentes.
 
Nesta guía práctica utilizarase o termo “ferida traumática” (do grego traumatikós, traûma) para facer referencia a aquela lesión producida por un axente mecánico, xeralmente externo, localizada en partes brandas con afectación e/ou deteriorización da integridade cutánea.

 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde