Clasificación das queimaduras segundo a súa profundidade

1 comentarios comentarios

Clasificación das queimaduras segundo a súa profundidade

...............

A profundidade da lesión refírese aos distintos estratos da pel e demais tecidos subcutáneos afectados, indica o grao dunha queimadura. O grao por si só non é sinónimo de gravidade.

 Queimadura epidérmica (1º grao): a lesión afecta parcialmente a epidermis. 
Queimadura epidermica galego.JPG 
 
 
 
 
Queimadura dérmica superficial (2º grao superficial): a lesión afecta a todos os estratos epidérmicos, chegando ata a dermis papilar. Non afecta á dermis reticular nin á raíz dos folículos pilosebáceos.
Quedan illotes de células epiteliales nas cristas epidérmicas e no interior das glándulas e folículos para facilitar a reepitelización.
Queimadura dermica galego.JPG 
Queimadura Dérmica Profunda (2º grao profundo): a lesión afecta a todos os estratos epidérmicos, chegando ata a dermis reticular. Non afecta o tecido subcutáneo.
Só quedan viables algunhas células epidérmicas que forman parte das glándulas sudoríparas e dos folículos pilosebáceos. As terminacións sensitivas superficiais están destruídas
 
Queimadura dermica profunda galego.JPG 
 
Queimadura subdérmica (3º grao): destrución completa de todo o espesor da pel, afecta a tecido subdérmico e outras estruturas (fascia, músculo, tendón, vasos, periostio). As terminacións nerviosas están destruídas e os anejos cutáneos (folículos, glándulas, etc.)
 
 
 
 Queimadura subdermica galego.JPG

 

 

Comentarios:
  • avatar Noel dixo:
    xoves, 24 de febreiro 2022 ás 17:21
    Las quemaduras de tercer grado, entiendo que el paciente no siente dolor al estar muy afectadas las terminaciones nerviosas?
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde