Segundo a extensión

5 comentarios comentarios

Segundo a extensión

...............

 É o primeiro a considerar na valoración da gravidade dunha queimadura. Diso dependerá a derivación a un centro especializado. As queimaduras moderadas e graves deben ser atendidas nun hospital.

Regra dos 9 de Wallace: é un método que se utiliza para calcular a extensión cutánea queimada nun paciente. Consiste en dividir a superficie do corpo en áreas equivalentes ao 9% da superficie corporal total queimada (SCTQ) ou por múltiplos de 9.

Regla de wallace.PNG
Fuente: https://es.wikipedia.org/wiki/Quemadura


 
Regra do 1 (regra da palma da man): é un instrumento de valoración rápida para calcular o % de SCTQ. Tómase como referencia a palma da man do paciente (dedos xuntos e estendidos), a superficie que se puiden cubrir desta maneira é o 1% de SCTQ do paciente. É útil para superficies pequenas e como ferramenta complementaria da regra de Wallace.
Regla de la palma mano.PNG
 
Táboa de Land & Browder: nos nenos van variando as proporcións do % de SCTQ das súas distintas zonas anatómicas durante o seu crecemento, sendo a cabeza moito maior e os membros moito máis pequenos.
Tabla de Land- Brow galego.JPG 
 
  
Dunha maneira máis práctica para valorar a extensión dunha queimadura nos nenos se asume que a extensión porcentual da cabeza en menores de 10 anos é 18 % menos a idade e a dos membros inferiores é 27 % máis a idade.
 

Extensión porcentual.PNG

Fonte propia do CHUAC

ANOS 
Clasificación da extensión da American Burn Asociation, adaptada
DE 1 Clasif extensión galego.JPG

 

Comentarios:
  • avatar IRI dixo:
    martes, 22 de marzo 2022 ás 16:59
    BUENA INFORMACION
  • avatar arledis canoles dixo:
    luns, 19 de outubro 2020 ás 22:44

    Excelente ayuda muy agradecida con ustedes

     

     Gracias por compartir sus impresiones

  • avatar Tere dixo:
    sábado, 26 de setembro 2020 ás 00:11
    Buena información. Gracias
  • avatar g dixo:
    venres, 7 de agosto 2020 ás 10:25
    Súper completo gracias.
  • avatar ana dixo:
    mércores, 22 de abril 2020 ás 01:05
    buena informacion
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde