Atención hospitalaria

Atención hospitalaria

.

As unidades de queimados son unidades complexas para a atención do paciente queimado, é dicir, son unha verdadeira unidade integrada dentro do hospital . Dispoñen dunha unidade de hospitalización, consultas externas e quirófano, ademais de un sistema de presión positiva.


Deben contar cun equipo multidisciplinar entre os que se atopan: profesionais de enfermería, cirugia plástica, especialistas en coidados intensivos e anestesia, fisioterapia, psicoloxía, terapia ocupacional, nutrición... para priorizar a atención centrada
no paciente.

Cando non existe Unidade de Queimados, o paciente pode ingresar nunha unidade de hospitalización (habitualmente Cirurxía Plástica) ou de coidados críticos convencionais.
O tratamento sería o mesmo, coa diferenza da localización do paciente. Preferentemente ingresarase nunha habitación individual.

 PARA MÁS INFORMACIÓN CONSULTAR A GUÍA COMPLETA (PÁX 57-97)