Guía práctica de úlceras por presión do Servizo Galego de Saúde. Guía nº1

Guía práctica de úlceras por presión do Servizo Galego de Saúde. Guía nº1

Esta Guía pertence a Colección de Guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde. Ten como o obxectivo dispoñer dunhas directrices e/ou criterios estandarizados que sirvan de referencia para identificar factores de risco, realizar accións específicas de prevención, detección, derivación e tratamento que supoñen as úlceras por presión como problema de saúde. A finalidade é contribuír ao benestar das persoas, reducir a variabilidade terapéutica e a incerteza profesional, diminuír a prevalencia e incidencia deste problema de saúde na sociedade; así como, conseguir unha maior optimización da xestión dos recursos humanos e económicos dispoñibles do sistema sanitario e sociosanitario de Galicia con base nas recomendacións de práctica baseada na evidencia e conseguir uns indicadores de calidade de atención de coidados e seguridade dos pacientes que permitan unha maior eficiencia do proceso entre os distintos niveis asistenciais.

Imaxe CC.JPG

Autores (gal).PNG

NOTA: Na GUÍA PRÁCTICA DE ÚLCERAS POR PRESIÓN. GUÍA PRÁCTICA Nº 1 da
Colección de guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde na súa versión en galego os editores poñen en coñecemento a seguinte consideración:
 
 Páxina 35: Non se terá en conta a seguinte frase:
  'Cubrir las lesiones con apósitos de gel de agua, gasas o toallas empapadas con suero
  fisiológico el agua limpia.
 
 Por non corresponder a este apartado.
 
 
 A si mesmo nas edicións en galego, castelán e inglés, detectouse  o seguinte erro: 
 
Páxina 17: Non se terá en conta o contido da paréntese (Ames) por non corresponder coa localización do centro de saúde e  considerarase a seguinte referencia:
 
 Pilar Rodríguez Robisco
 Enfermeira. Centro de Saúde de ZAS. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.