Epidemioloxia. Lesións por queimadura

1 comentarios comentarios

Epidemioloxia. Lesións por queimadura

.

En España uns 120.00 individuos sofren algún tipo de queimadura cada ano e só un 5 % necesitan coidados hospitalarios. Os datos de mortalidade están ao redor de 200 persoas ao ano, incluíndo pacientes de todas as idades.

Entre o 60 % e 80 % das queimaduras prodúcense no ámbito doméstico e entre o 10 e 15 % no medio laboral, sendo a explosión e a chama os principais mecanismos, seguida das queimaduras eléctricas e as químicas. Dentro das queimaduras domésticas as máis frecuentes son as producidas por líquidos quentes (escaldadura), sobre todo por auga e aceite seguidas por sólidos quentes (ferro de pasar, estufa).
A vellez e a infancia son as etapas da vida onde se producen maior número de queimaduras.
Por exemplo, no noso país o 5 % dos accidentes domésticos prodúcense por inxestión de substancias cáusticas. En Galicia este tipo de lesión en nenos representa o 4,8 %.

 

Comentarios:
  • avatar Clara Rambla dixo:
    martes, 4 de maio 2021 ás 10:04
    Buenas!! Me podrían facilitar la fecha de publicación de esta entrada de la pagina web? Gracias!!
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde