Procedemento. Desbridamento

Procedemento. Desbridamento

O tecido desvitalizado, tamén chamado tecido necrótico, contén células mortas e detritos celulares que son a consecuencia da destrución dos tecidos.

O desbridamento é un paso imprescindible para poder aspirar á curación da lesión. No proceso biolóxico de reparación e cicatrización das feridas, o desbridamento prodúcese de forma natural, pero nas feridas crónicas estes intentos de desbridamento, a miúdo, resultan insuficientes para permitir a cicatrización da lesión, polo que se precisa dun desbridamento externo.