Guía práctica de feridas traumáticas de partes brandas. Guía nº8

Guía práctica de feridas traumáticas de partes brandas. Guía nº8

O obxectivo da guía é dispoñer dunhas directrices e/ou criterios estandarizados que sirvan de referencia para identificar factores de risco de infección, para realizar accións específicas de prevención, para a detección da infección, para a derivación e para o tratamento que supoñen as feridas cirúrxicas agudas infectadas como problema de saúde.

A súa finalidade é contribuír ao benestar das persoas, reducir a variabilidade terapéutica e a incerteza profesional, diminuír a prevalencia e a incidencia de infección, así como conseguir unha maior optimización daxestión dos recursos humanos e económicos dispoñibles do sistema sanitario e sociosanitario de Galicia, con base nas recomendacións de práctica baseada na evidencia, e conseguir uns indicadores de calidade de atención de coidados e seguridade dos pacientes que permitan unha maior eficiencia do proceso entre os distintos niveis asistenciais.​​​​​​​

AUTORES DE LA GUÍA
Laura Ameneiro Romero
Facultativa especialista adxunta do Servizo de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Área Sanitaria de Ferrol
Luis Arantón Areosa
Enfermeiro de Atención Primaria. Área Sanitaria de Ferrol.
Rocío Sanmartín Castrillón
Enfermeira da Unidade de Cura en Ambiente Húmido da Área Sanitaria de Ferrol.
 
Imaxe CC.JPG 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde